Nesta perspectiva, o proxecto postoutoral iniciado e realizado entre 2016 e 2019 permitiu a observación, análise e descrición dos procesos morfolóxicos da costa. A recolleita dunha extensiva base de datos de campo (máis de 50 surveys entre batimetría e perfís de praia-duna) posibilitou a comprensión da interacción entre a hidrodinámica e a morfoloxía no litoral. O proxecto foi desenvolvido en dúas praias de Galiza e Portugal combinando diversas tecnoloxías e equipamentos oceanográficos pertencentes os grupos GEOMA – Universidade de Vigo e OMG-CESAM – Universidade de Aveiro.
No contexto do cambio climático, o incremento no número de tempestades, asociadas ao aumento do nivel medio do mar, pode ter un impacto devastador, que provoca unha extensa erosión, inundacións e danos nas praias, ademais de poñer en perigo a ocupación humana e causar perdas económicas. Por isto, ademais das observacións de campo, unha compoñente importante é o desenvolvemento de ferramentas específicas capaces de prever os impactos das tempestades.
A redución de perigos en zonas litorais é unha prioridade recoñecida a nivel mundial e en particular para a xestión europea tal como recollen os informes globais para o cambio climático (IPCC, 2014) e as estratexias rexionais e comunitarias dos retos sociais expostos no Horizonte 2020 asumido pola de Ciencia, Tecnoloxía Estratexia Española e Innovación.