A Tarefa 3 reúne os datos obtidos na Tarefa 1 e na Tarefa 2 para calibrar e validar un modelo de vulnerabilidade costeira aos eventos extremos de tempestade. O modelo fornecerá unha ferramenta útil para prever os impactos de tormentas na actualidade e prever a vulnerabilidade costeira para no contexto de mudanza climática.
As principais características dos eventos de tempestade (Tarefa 1) e o estudo da variabilidade topográfica como a evolución dos xeoindicadores praia-duna e zona somerxida en resposta as tempestades (Tarefa 2), serán utilizadas para calibración e validación do modelo Open Source morfodinámico X-Beach (https://oss.deltares.nl/web/xbeach/).